Acendida a chama olímpica dos Xogos de Inverno de Pequín 2022

1 minutes read

A fermosa e mítica Olimpia foi unha vez máis escenario do aceso da chama olímpica. Neste caso, a dos Xogos de Inverno de Pequín 2022, evento para o que quedan pouco máis de 100 días. E unha vez máis, a cerimonia foi algo máis discreta que de costume, debido ás medidas restritivas derivadas da pandemia, polo que non houbo presenza de público. A capital chinesa converterase o próximo mes de febreiro na primeira cidade que acolla tanto uns Xogos de Verán, os de 2008, como uns de inverno. A cerimonia foi interrompida durante uns momentos con a protesta duns activistas contra a ocupación chinesa do Tíbet, tan só un día despois da detención en Atenas doutros tres manifestantes que clamaban polo boicot a uns xogos que, sen arrincar, xa dan que falar.