Achan o corpo sen vida dun home duns 70 anos no túnel ferroviario da Malata, en Ferrol

1 minutes read

Os servizos de emerxencia rescataron na tarde deste domingo o cadáver dun home duns 70 anos nas vías do tren, no túnel da Malata, en Ferrol, nun vial situado xunto ao estadio Daniel Alexandre.
O aviso recibiuse á primeira hora da tarde e ao lugar desprazáronse axentes da Policía Nacional, que asumen a investigación, ademais de Policía Local, bombeiros do parque municipal e persoal do 061.
Segundo as primeiras hipóteses, e a falta de confirmación oficial, descártase unha morte violenta. Polo rigor mortis, considérase probable que o falecemento se producise durante a noite do sábado.
O suceso xerou un amplo despregamento de medios nunha zona de difícil acceso, obrigando a realizar labores de rescate no noiro xunto ás vías.