Achan os corpos carbonizados de polo menos 18 migrantes nos incendios de Grecia 

O Goberno grego confirmou este martes que polo menos 18 inmigrantes irregulares morreron carbonizados nun bosque preto da fronteira con Turquía nun dos descontrolados incendios forestais que arrasan Grecia desde o pasado sábado. O río Evros, fronteira natural entre os dous países, é un dos puntos de entrada á Unión Europea que empregan os inmigrantes e refuxiados que foxen da guerra e da miseria nos seus países. A policía grega xa activou un equipo de recoñecemento de vítimas e comezou a investigar o sucedido. Na zona evacuáronse varias poboacións debido á proximidade das chamas, azuzadas polas altas temperaturas, a seca e os fortes ventos. As autoridades gregas temen que nos próximos días aumente o número de persoas mortas no denso bosque de Dadia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha