Achega de estudantes da Coruña os valores e actividades da UE

A Coruña O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, visitará o IESP Eusebio da Guarda, no que charlará cos alumnos, embaixadores júnior do Parlamento Europeo, sobre o futuro da Unión Europea 03/04/2019 Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europeo, Jesús Gamallo, visitou este mércores o IESP Eusebio da Guarda da Coruña para dar unha charla ao alumnado de 1º de bacharelato sobre a Unión Europea (UE).

Esta actividade enmárcase dentro do programa “Escola Embaixadora do Parlamento Europeo”, de colaboración entre centros educativos e a Oficina do Parlamento Europeo en España. O obxectivo desta iniciativa é informar sobre as actividades da UE e difundir os seus valores entre as xeracións máis novas.