Acoden a un home indisposto nun monte en Fisterra

Bombeiros de Cee_Arquivo.

O persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 solicitaba axuda ao 112 para evacuar a un paciente indisposto no monte, na Insua, cerca do Faro, en Fisterra, posto que, a ambulancia non podía chegar ata o mesmo lugar onde se atopaba o home. Así, coa axuda dunha padiola, os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Fisterra, trasladaron ao paciente ata onde o esperaba o vehículo sanitario e un facultativo, que, finalmente, foi trasladado ao hospital de Cee. Ademais de pasar aviso aos membros de Protección Civil da localidade, os xestores do 112 tamén informaron dos feitos á Garda Civil e aos Bombeiros de Cee.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha