Acollemento de refuxiados ucraínos nas institucións gobernadas polo PSdeG

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, salientou o “espírito solidario das institucións galegas, neste caso as dirixidas por compañeiros e compañeiras socialistas” en apoio ao pobo ucraíno. O líder dos socialistas galegos participou no Comité Federal do PSOE celebrado este domingo en Madrid. Alí subliñou a iniciativa das institucións locais e provinciais encabezadas polo PSdeG, que “están ofertando prazas para que os refuxiados e refuxiadas ucraínos poidan iniciar unha nova vida nun momento de desesperanza”. Sinala que “non renunciamos a ser o que somos os galegos e as galegas: un pobo solidario”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha