A Axencia Turismo de Galicia impulsou o acondicionamento e posta en valor de dúas estacións rupestres de petróglifos de alto valor patrimonial no municipio de Campo Lameiro coas axudas da orde de infraestruturas turísticas no medio rural.
A actuación realizada xurde dun convenio de colaboración entre Turismo de Galicia e o Concello ao abeiro da derradeira convocatoria de modernización de infraestruturas turísticas e supuxo un investimento de máis de 20.000 euros que permitíu mellorar o estado das estacións rupestres de Chan da Lagoa e Campo de Matabois.
As obras centráronse na súa posta en valor con actuacións individualizadas consistentes na rehabilitación de elementos deteriorados, mellora dos accesos e sendas, renovación da sinalización e dotación de elementos de protección que tamén impiden a entrada nos conxuntos rupestres do gando mostrenco. Así, instalaronse novos valados e pasarelas, repuxéronse elementos de madeira, mellorouse a sinalización e procedeuse a limpeza integral a través de rozas.
