26
- Realizáronse traballos de limpeza de cunetas e recheo de fochancas, ademais de rehabilitar o acceso a un depósito de auga en caso de incendios forestais
O Concello de Malpica executou obras de mellora en varios camiños da contorna do Rego da Xareira, na parroquia de Cerqueda. Con esta intervención tamén se acondicionou o acceso a un depósito de auga da zona habilitado para a loita contra os incendios forestais.
Entre os traballos que se realizaron atópanse a renovación do firme, que presentaba numerosas fochancas; o arranxo do desnivel do terreo e a limpeza de cunetas.
Desde o goberno local destacaron a importancia desta actuación de cara “á conservación da rede de camiños e vías municipais», que ademais mellorará a «accesibilidade para a veciñanza e para os equipos de extinción de lumes”.