Acondicionado o acceso ó Rego da Xareira na parroquia de Cerqueda, Malpica

Ayuntamiento de Malpica

  • Realizáronse traballos de limpeza de cunetas e recheo de fochancas, ademais de rehabilitar o acceso a un depósito de auga en caso de incendios forestais

O Concello de Malpica executou obras de mellora en varios camiños da contorna do Rego da Xareira, na parroquia de Cerqueda. Con esta intervención tamén se acondicionou o acceso a un depósito de auga da zona habilitado para a loita contra os incendios forestais.

Entre os traballos que se realizaron atópanse a renovación do firme, que presentaba numerosas fochancas; o arranxo do desnivel do terreo e a limpeza de cunetas.

Desde o goberno local destacaron a importancia desta actuación de cara “á conservación da rede de camiños e vías municipais”, que ademais mellorará a “accesibilidade para a veciñanza e para os equipos de extinción de lumes”.