Acondicionamento das pistas do Petón de Tella, en Ponteceso

Actuación no Petón de Tella_Cedida.

Aproveitando o bo tempo estanse a manter diferentes actuacións na maioría de concellos da Costa da Morte para a drenaxe de camiños e pistas, deste xeito contribúese a que en caso de choivas intensas a auga discorra polas cunetas sen causar danos ao tráfico rodado nin ás propias pistas. Actuación semellante estase a levar a cabo no lugar do Petón de Tella, correspondente ao termo municipal de Ponteceso. As actuacións completaranse con algunha tubaxe, así como cun rego bituminoso asfáltico en quente, formando unha capa de rodadura adherente para todo tipo de turismos.