Acordan ampliar a vacinación con AstraZeneca a persoas de ata 65 anos

O Ministerio de Sanidade e as comunidades autónomas acordaron ampliar a vacinación contra a Covid-19 con AstraZeneca para persoas de ata 65 anos, seguindo as recomendacións da Comisión de Saúde Pública. Así o anunciou a ministra Carolina Darias, que informou tamén de que este mércores, 24 de marzo, renovarase a administración das doses deste fármaco para traballadores esenciais (bombeiros, policías e docentes, entre outros), sanitarios e sociosanitarios de segunda liña fronte á pandemia. «As vacinas son seguras, eficaces e salvan vidas», subliñou Darias, nunha rolda de prensa tras o Consello Interterritorial de Sistema Nacional de Saúde, na que argumentou a decisión polo criterio dos técnicos, a partir da evidencia solicitada e as recomendacións das autoridades sanitarias europeas. Preguntada sobre a posibilidade de que alguén se negase a vacinarse cunha determinada marca e elixise facelo con outra, a ministra limitouse a sinalar: «non está contemplada na Estratexia de Vacinación. Se non se vacina, por agora non se vacinaría».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha