A COP27 chegou a un acordo sobre a creación dun fondo destinado aos danos ocasionados polo cambio climático nos países pobres, segundo o ministro de Medio Ambiente de Maldivas. Era un dos puntos de fricción nas negociacións. De feito, tamén estaba a proposta de atrasar a decisión ao seguinte cume. Co fondo poderíase facer fronte a cuestións como secas ou inundacións agravadas polo cambio climático. O borrador tamén incluiría como continuar cos esforzos de limitar o quecemento global a 1’5 graos ou acelerar o desenvolvemento das renovables. A Presidencia exipcia da COP27 propuxera ás partes acordar nesta mesma cume a creación dun fondo específico para financiar aos países en desenvolvemento polas perdas e danos sufridos no seu territorio polos fenómenos adversos provocados polo cambio climático. O texto recolle tamén convidar as institucións financeiras internacionais a considerar, nas reunións de primavera de 2023 do Grupo do Banco Mundial e do Fondo Monetario Internacional, a posibilidade de que contribúan a este financiamento, incluídos enfoques novos e innovadores.