Rusia e Ucraína, coa mediación de Turquía e a ONU, negocian un acordo para desbloquear as exportacións de trigo e gran desde os portos ucraínos, bloqueados por Moscova. Os ministros de Defensa de Rusia e Turquía falaron dun posible corredor desde Ucraína e o norte de Siria. SergéiLavrov, ministro ruso de Exteriores, tamén aterrou en Ankara para reunirse co seu homólogo turco. O Exército Ruso será o encargado de retirar minas e calquera artefacto explosivo posto en augas ucraínas para facilitar a viaxe dos buques. Ademais de axudar á escolta dos buques, xunto a Turquía. «O Exército turco dedicarase a desminar a zona costeira na rexión de Odesa. Os buques saen do porto escoltados por barcos turcos cara a augas neutrais do mar Negro. Máis aló do Bósforo, serán escoltados por buques de guerra rusos para garantir o seu paso seguro e evitar provocacións», explica o diario ‘Ezvestia’ citando fontes do Kremlin.