Na primeira xornada do cume virtual o presidente dos Estados Unidos Joe Biden comprometeuse a recortar «ata a metade» as emisións con efecto invernadoiro de Estados Unidos para 2030. O obxectivo é alcanzar a neutralidade nas emisións de carbono en 2050. A intervención da responsable do Executivo da Unión Europea, Ursula von der Leyen produciuse un día despois de que os lexisladores da UE acordasen unha redución das emisións netas de CO2 de «polo menos» o 55 % en 2030 fronte aos niveis de 1990 como parte da Lei Climática, que tamén fixa o obxectivo de neutralidade en 2050. O presidente de China, Xi Jinping, reiterou a promesa de China de lograr a neutralidade en materia de emisións de carbono antes de 2060. Asegurou que «Protexer o medio ambiente é protexer a produtividade e mellorar o medio ambiente é impulsar a produtividade». O presidente ruso, Vladimir Putin, fixo un chamamento á cooperación internacional para facer fronte ao cambio climático:»Rusia está realmente interesada en impulsar a cooperación internacional para seguir buscando solucións eficaces ao cambio climático, así como a todos os demais retos vitais», dixo Putin no seu discurso.
28