Acordo municipalista entre as formacións UCIN, CCD e Despierta

1 minutes read

UCIN, CCD e Despierta asinaron este mércores un acordo de colaboración para o ensanche do espazo político central, reformista e liberal en Galicia, no que levan traballando desde principios de decembro. Ten como obxectivo dar unha ferramenta de unión e modernización da comunidade autónoma. Desde o respecto aos principios que as formacións comparten, o labor é traballar xuntos para que este espazo común sexa o máis amplo posible e dispoñer das mellores ferramentas para contribuír a mellorar a sociedade galega. Na firma estivo presente José Luis Calo Coordinador UCIN Galicia, María del Carmen Rodríguez Secretaria Nacional de Organización de CCD e Felipe Manuel Estévez Secretario de Comunicación de Despierta. As formacións quixeron deixar ao carón as “estratexias partidistas”, e loitar por un cambio na actual política tormentosa que estamos a sufrir. Contribuíndo con traballo e capacidade política a reforzar esa mensaxe de cambio desde o centro político, afirman.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?