Acordo para ampliar en 18 prazas a escola infantil pública de Chantada

A Xunta de Galicia e o Concello de Chantada acordaron ampliar en 18 prazas a escola infantil pública autonómica. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, e o alcalde, Manuel Lorenzo, visitaron o centro e examinaron as necesidades do mesmo para efectuar a súa ampliación das 56 prazas actuais a un total de 74.

Deste xeito, durante o verán desenvolverase a obra para que no vindeiro curso 2022/2023 xa sexa efectiva o incremento desta nova unidade. O Concello será o encargado de realizar unha obra sinxela aproveitando un espazo xa existente, e a Xunta de Galicia asumirá o seu equipamento e o persoal necesario.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha