Acordo para establecer corredores humanitarios en Ucraína

A segunda rolda de negociacións ruso-ucraínas na rexión bielorrusa de Brest concluíu este xoves cun primeiro achegamento que permitirá evacuar civís con cesamentos do lume humanitarios nalgunhas zonas. Ucraína insistiu na urxencia de entregar medicamentos e alimentos ás zonas afectadas polos combates. O asesor da oficina do presidente ucraíno dixo, con todo, non lograr «os resultados que Ucraína necesita». A delegación rusa, pola súa banda, saíu máis satisfeita. «Considero que se trata dun progreso significativo, dixo o xefe da delegación rusa Vladimir Medinsky. Espérase unha nova rolda de negociacións a principios da próxima semana, tamén en Bielorrusia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha