20
A Comisión Europea chegou a un acordo con Polonia, Hungría, Bulgaria, Romanía e Eslovaquia para que permitan o tránsito de produtos agrícolas ucraínos, co obxectivo de que Kiev poida exportalos a terceiros países. O pacto, que conta tamén co beneplácito de Ucraína, prevé desenvolver medidas para que garantan o seu cumprimento. O acordo “preserva tanto a capacidade de exportación de Ucraína para que continúe alimentando ao mundo, como o sustento dos nosos agricultores”, continuou Von der Leyen. Tamén se aprobou un paquete de 100 millóns de euros para axudar aos agricultores destes cinco países, procedentes da Política Agrícola Común.