Acordo para levantar o veto ao gran ucraíno

A Comisión Europea chegou a un acordo con Polonia, Hungría, Bulgaria, Romanía e Eslovaquia para que permitan o tránsito de produtos agrícolas ucraínos, co obxectivo de que Kiev poida exportalos a terceiros países. O pacto, que conta tamén co beneplácito de Ucraína, prevé desenvolver medidas para que garantan o seu cumprimento. O acordo «preserva tanto a capacidade de exportación de Ucraína para que continúe alimentando ao mundo, como o sustento dos nosos agricultores», continuou Von der Leyen. Tamén se aprobou un paquete de 100 millóns de euros para axudar aos agricultores destes cinco países, procedentes da Política Agrícola Común.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha