Acordo para poñer fin a catro meses de folga de médicos de Primaria en Madrid


O comité de folga e a Consellería madrileña de Sanidade pecharon un acordo que inclúe melloras retributivas de polo menos 450 euros mensuais e a limitación das axendas para frear a sobrecarga asistencial. Tamén se abonaría un plus de 500 euros para aqueles facultativos que fagan tardes puras e un plus de 300 euros mensuais a aqueles que fagan tres e catro tardes semanais. Tras contar co aval dos profesionais chamados á folga, un total de 4.240 médicos de Familia e 720 pediatras de Atención Primaria na rexión, o comité de folga reuniuse este xoves co departamento que dirixe Enrique Ruiz Escudero para terminar de perfilar os puntos do acordo nun documento por escrito, un encontro que se prolongou durante máis de cinco horas.