Acordo para reducir case á metade os afectados polo ERTE da refinería

Acordo entre a dirección de Repsol e os traballadores na negociación do ERTE para a refinería da Coruña. Redúcense a 112 os traballadores afectados dos 212 previstos inicialmente. Tamén se reduce o tempo de aplicación desta medida de seis meses a catro meses e vinte días, tras do que os traballadores se incorporarían á súa actividade habitual. O ERTE entrará en vigor o próximo martes. Os cinco sindicatos que forman parte do comité de empresa -USO, CCOO, UXT, STR e CIG- asinaron o acordo, aínda que este último, que respectou a vontade da maioría, non comparte a decisión, considera que “»non hai fundamento para a aplicación do ERTE», pois a documentación presentada pola empresa, ao seu xuízo, non acredita as causas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha