PNV e PSE anunciaron un principio de acordo do programa do novo Goberno Vasco de coalición ao que chegaron tras case corenta días de negociacións. O pacto, que propicia o primeiro executivo de Iñigo Urkullu con maioría absoluta e reedita a fórmula de coalición que se formou en 2016, terá como prioridade a reactivación económica e a xeración de emprego desde a defensa dos servizos públicos e as políticas sociais, sobre a base «de máis e mellor autogoberno». Neste último aspecto, o acordo limítase a comprometerse en «defender o autogoberno e o cumprimento íntegro do Estatuto de Gernika e lograr un novo pacto estatutario para unha nova xeración». O seguinte paso será o reparto das carteiras. Unha das incógnitas é se accede ao Goberno a líder dos socialistas vascos, Idoia Mendia.
35