Acordo para vacinar con Janssen a menores de 60 anos e a colectivos vulnerables


A Comisión de Saúde Pública acordou vacinar contra o coronavirus con Janssen ás persoas menores de 60 anos, así como aos maiores de 18 anos que pertenzan a colectivos vulnerables. A decisión deberá ser ratificada no Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, que reúne igualmente ao Ministerio de Sanidade e as comunidades autónomas.

A vacúa monodosis utilizouse ata o momento para inmunizar ao grupo dos 70 aos 79 anos e maiores. En diante, continuarase cos de 50 a 59 anos. Precisamente esta semana algunhas comunidades autónomas xa empezaron a citar e vacinar a este grupo etario, aos que tamén se lles pode administrar os soros de ARNm, isto é, Pfizer e Moderna.

A Comisión considera tamén que Janssen é adecuada para colectivos vulnerables e a quen sería inconveniente inmunizar con dúas picadas, aínda que non se definiu aínda a quen se incluiría, segundo informaron fontes autonómicas. Ademais, solicitaron ao Relatorio de Vacinas que valore introducir novos grupos de risco na estratexia estatal.