O acordo non significa que o soldo mínimo vaia a ser o mesmo en Madrid que en Estocolmo, senón que todos os Estados membros da UE terán que ofrecer unhas condicións de traballo e de vida dignas a todos os empregados europeos. «Trátase dun punto de inflexión, e creo que achegará un elemento esencial: a loita contra a pobreza interna, pero tamén o fortalecemento da idea dunha economía social de mercado», explicou o comisario europeo de Traballo, NicolasSchmit. Os países da UE terán que calcular o seu salario mínimo baseándose nunha cesta de produtos e custos domésticos, tendo en conta o soldo bruto medio. Os países da UE tamén terán que fixar os seus propios obxectivos e implementalos. Unha vez selado o acordo, entraría en vigor en dous anos.