O Concello da Coruña e a Xunta seguen avanzando no desenvolvemento do futuro da fachada marítima. Tras a reunión coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, e o presidente da Autoridade Portuaria, Martín Fernández Prado, o concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, sinalou que o encontro serviu para seguir a avanzar nos obxectivos marcados pola alcaldesa da cidade, Inés Rey, en numerosas ocasións: a integración do porto na cidade e a definición dun novo horizonte litoral.
O concelleiro solicitoulle á Xunta que manteña o esforzo inversor que estaba disposta a facer para a urbanización dos peiraos sinalando que «non ten por que existir unha relación directa entre o achegamento das administracións para a adquisición do chan co importe do financiamento para as obras de adecuación destes peiraos».