Activa unha alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias de Lugo e A Coruña


A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta mantén activa unha alerta laranxa por temporal costeiro nos litorais das provincias de A Coruña e Lugo.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), este sábado deu comezo un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa, con mar combinado de 5 a 6 metros do noroeste que afecta ao noroeste e oeste de A Coruña e ao litoral lucense. Hay aviso amarelo con mar combinado de 4 a 5 metros do Noroeste no suroreste de A Coruña e Pontevedra.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.