Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico adverso está vixente este xoves no oeste e noroeste do litoral da Coruña e estenderase á costa suroeste desta provincia, á de Lugo e á das Rías Baixas de Pontevedra. Agárdase mar combinada do oeste ou noroeste con ondas de ata 6 metros.
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.
Lémbrase a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.