Activada a alerta por risco de rebordamento nos ríos de Galicia-Costa

1 minutes read

A Xunta activa o Plan Inungal de Protección Civil ante o risco de inundacións polo aumento xeneralizado do caudal dos ríos pertencentes á demarcación Galicia-Costa.

Ante as chuvias que se agardan para os próximos días e cos niveis actuais dos cursos fluviais hai risco de rebordamento polo que se deu aviso aos organismos e entidades locais para que poñen en marcha as medidas de protección necesarias.

Advirten que se debe prestar especial atención aos ríos Lérez e Gándara en Pontevedra, onde se poden acadar niveis altos, de alerta laranxa, durante a noite deste martes.

Ante esta situación recomendan non facer actividades nin circular ou aproximarse a pé á beira dos ríos.