Mil hectáreas queimadas nun incendio rexistrado en Cualedro

Nas últimas horas rexistrouse un incendio forestal no municipio ourensán de Cualedro que afectou os núcleos de San Millao e San Cristovo.

Puxo vivendas en risco e os accesos aos núcleos afectados estiveron intransitables, polo que a Consellería do Medio Rural tivo que activar como medida preventiva a Situación 2.

Esta situación operativa de emerxencia decretouse pola proximidade do lume ao núcleo de San Cristovo, pertencente ao municipio de Monterrei, onde unha casa tivo que ser desaloxada.

A unidade militar de emerxencias colaborou nuns perigosos traballos de extinción que incluso causaron feridas a un brigadista, que foi trasladado ao hospital sen afectacións graves. 115 brigadistas da UME traballaron  de noite con 6 autobombas 1 nodriza e 1 máquina D5 T. Realizaron misións de ataque directo ao lume en San Millao, A Madalena e Medeiros.

Para o control do lume, ademáis, mobilizáronse un técnico, 5 axentes, 15 brigadas, 5 motobombas, 2 pas, 11 helicópteros e 11 avións.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha