Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico adverso deste venres comezará con mar combinada do noroeste con ondas de ata seis metros e ventos do oeste de forza sete. No resto do litoral galego haberá alerta amarela por mar combinada con ondas de ata cinco metros e, na Mariña de Lugo, ventos de forza sete.
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. No caso de concellos con plans de emerxencias municipais (PEMU), recomendase a súa activación en fase de preemerxencia.
Lembran a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.