A primeira hora da tarde deste sábado o 112 Emerxencias Galicia coordinou un aviso de varios particulares que alertaban dun lume nun monte do centro urbano de Carballo, en concreto, na zona da rúa Carré Aldao, preto do lugar do Sixto. Emerxencias puxo en marcha un protocolo de envío de medios técnicos e humanos con destino ao lugar, os primeiros en personarse foron efectivos da Policía Local, que case chegaron a punto para que o lume nón se propagase con axilidade, a destreza dos axentes que utilizaron un extintor de polvo e lograron sofocar as lapas nun primeiro momento, foi esencial para bloquear o lume. Aínda que ao lugar tamén se desplazaron os Bombeiros do parque de Bértoa e unha brigada de extinción de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.