Alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego

0 minutes read

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa comezará ao mediodía deste domingo con mar combinada do noroeste con ondas de ata 7 metros. Indica tamén que xa desde primeiras horas da mañá haberá alerta amarela en todo o litoral de Galicia con ondas de ata 5 metros. Lembran a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.