Activada unha alerta laranxa por temporal costeiro na provincia da Coruña

Temporal en Barizo_nhdiario.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), este fenómeno meteorolóxico afectará ao noroeste e oeste da costa coruñesa por vento do noroeste forza 8 e mar combinada do noroeste con ondas que poden superar os 4 metros. O resto do litoral galego permanecerá en nivel amarelo.  

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincia afectada; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

Lémbrase a importancia de manterse afastados da liña de costa nas zonas afectadas, isto é, de diques, rompentes, espigóns, peiraos, praias, paseos marítimos e todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar, co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos. Tamén se aconsella extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e revisar os cabos e amarres das embarcacións.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha