Activada unha alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Lugo

Imaxe de arquivo de Muxía durante un temporal.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), este sábado ten lugar un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa que afecta ao litoral das provincias da Coruña e Lugo. Agardase mar combinada do noroeste con ondas de ata 6 metros. Na costa de Pontevedra o nivel de alerta será amarelo. Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Lémbrase a importancia de manterse afastado da liña de costa.