Activada unha alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias de A Coruña e Lugo


Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a partir da madrugada deste domingo deu comezo un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa , con mar combinada do noroeste con ondas de 5 a 6 metros que afecta ao noroeste da Coruña e á Mariña lucense. No resto da costa galega haberá aviso amarelo con mar combinada do noroeste con ondas de 4 a 5 metros, sobre todo mar adentro. Lémbrase a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.