41
A última hora deste mércores unha persoa particular contactaba cos servizos de emerxencia, alertando que desde A Pedra do Sal en Baldaio, vira un bulto no mar, o que segundo a súa versión, podería ser un posible corpo dunha persoa ou dun animal. Ao lugar acudiron Salvamento Marítimo e Protección Civil de Carballo, quen ao peche desta edición, tras analizar un vídeo aportado pola alertante, aínda non foran quen de localizar nada estraño.