Activadas as axudas para que os concellos reciban achegas para financiar os CIM

1 minutes read

O Diario Oficial de Galicia publicou unha nova convocatoria da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade que, dotada con máis de 9,3 millóns de euros, apoiará  ás entidades locais galegas no desenvolvemento de programas orientados a tres finalidades: favorecer a igualdade entre mulleres e homes, fomentar a conciliación e a corresponsabilidade e para financiar o labor dos Centros de Información á Muller (CIM) como recursos de proximidade.

A iniciativa, tal e como informou a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, forma parte do compromiso da Xunta de Galicia para manter o impulso da conciliación da vida persoal, laboral e familiar de galegas e galegos. Tamén para traballar desde o eido local na prevención da violencia de xénero e impulsar a igualdade a través dos 84 CIMs xestionados polos concellos e distribuídos por toda Galicia.

Poden ser beneficiarias desta resolución as entidades locais (concellos, consorcios ou mancomunidades) que poden cursar a súa solicitude, de xeito individual ou compartido, ata o próximo 8 de xuño.

En canto á dotación, a Xunta de Galicia destinará 500.000 de euros para accións municipais de promoción da igualdade; preto de 4,5M€ ás de fomento da conciliación e a corresponsabilidade e máis de 4,3M€ para apoiar o labor dos CIM.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?