Activado de novo o Coworking Carballo

1 minutes read

Despois da parálise provocada pola COVID-19, xa está de novo en funcionamento o Coworking Carballo, un espazo de traballo compartido que facilitará a 18 novos/as emprendedores/as ou empresas de menos de dous anos de antigüidade a posibilidade de dispoñer non só dun local, senón tamén dunha serie de servizos e infraestruturas que contribuirán a mellorar as súas posibilidades de éxito. A sede deste novo servizo, impulsado dende a Concellaría de Promoción Económica e incluído na Rede Provincial de Espazos de Traballo da Deputación Provincial da Coruña, está aberta no 2º andar da nave 1 do Fórum Carballo.