Activado o nivel máximo de alerta por episodio de calor en zonas de 48 concellos

2 minutes read

O Plan Autonómico de Actuacións fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde, vén de declarar a situación de alerta por episodio de calor nivel 3 (máximo) en varias zonas que abranguen un total de 48 concellos galegos:

Rías Baixas (Barro, Baiona, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Cangas, Catoira, Gondomar, O Grove, A Illa de Arousa, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Pontevedra, Portas, Poio, Ponte Caldelas, Pontecesures, Redondela, Ribadumia, Sanxenxo, Soutomaior, Valga, Vigo, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa).

Interior de Pontevedra (Agolada, Campo Lameiro, A Cañiza, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, A Lama, Moraña, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces).

Ademais tamén se declara a situación de alerta por episodio de calor nivel 1 noutras áreas que abrangue a 90 municipios da comunidade.

Noroeste da Coruña (Abegondo, Ares, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Cambre, Carballo, Cariño, Carral, Cedeira, Cerceda, Cerdido, Coristanco, A Coruña, Culleredo, Fene, Ferrol, Laxe, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Mañón, Miño, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, Oleiros, Ortigueira, Oza-Cesuras, Paderne, Ponteceso, Pontedeume, Sada, San Sadurniño, Valdoviño e Vilarmaior).

Interior da Coruña (Ames, Aranga, Arzúa, A Baña, Boimorto, Boqueixón, Brión, A Capela, Coirós, Curtis, Frades, Irixoa, Melide, Mesía, Monfero, Negreira, Ordes, Oroso, O Pino, As Pontes de García Rodríguez, Santa Comba, Santiago de Compostela, Santiso, Sobrado, As Somozas, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra e Vilasantar)

 Valdeorras (O Barco de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá e Vilamartín de Valdeorras)  

Miño de Pontevedra (Arbo, Crecente, A Guarda, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, O Porriño, Ponteareas, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño e Tui).

MeteoGalicia informa que a partir de hoxe e nos vindeiros días continuaremos baixo a influencia das altas presións estacionarias ao norte da Península, xerando unha circulación do nordés que se ira debilitando progresivamente. Esta situación favorece a entrada de aire moi cálido africano. Agárdase así un episodio de calor, especialmente ao oeste da provincia de Pontevedra. Unha situación que se estenderá mañá ao oeste e suroeste da provincia da Coruña. O domingo, a posible formación de brétemas costeiras nas Rías Baixas reducirá a intensidade do episodio de calor nesta zona.