Activado o Plan de prevención de incendios forestais


Intervención do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou a posta en marcha do Plan de prevención de incendios forestais, dotado con 30 millóns de euros para actuar en máis de 58.000 hectáreas de monte e en 5.000 quilómetros de pistas e vías de comunicación.

Tras destacar que “este ano imos limpar un 22% máis de hectáreas que no plan de prevención do pasado exercicio”, o presidente da Xunta explicou que o documento prevé labores de mantemento nos case 4.000 puntos de auga da Comunidade e a construción de 222 puntos novos.

Máis polo miúdo, precisou que esta folla de ruta divídese en tres bloques de actuacións: sobre o territorio; sobre a poboación; e actuacións complementarias.

Dentro das actuacións sobre o territorio, distinguirase entre os traballos levados a cabo directamente pola Xunta, que se estenderán a máis de 5.500 hectáreas e 2.200 km de pistas (6M€); e os que se sufragan coas subvencións e ao abeiro de convenios do Goberno galego, especialmente con entidades locais, cunha actuación en 52.500 hectáreas e 2.700 km de pistas (23 M€).