Activado o Plan de Vialidade Invernal nas provincias de Lugo e Ourense

1 minutes read

Trátase dun dispositivo de 170 profesionais e 3.740 toneladas de fundentes para garantir a seguridade nas estradas autonómicas ante as inclemencias do tempo. Os seis centros operativos e os medios distribuídos polas provincias de Lugo e Ourense para garantir a seguridade viaria nas estradas ante as inclemencias meteorolóxicas propias desta época do ano permanecerán en servizo ata o vindeiro 30 de abril.

O Plan inclúe na provincia de Ourense un dispositivo de 46 máquinas, entre elas, camións, pick-up, retros, cuñas, follas, esparexedores de sal e estendedores de salmoira.

O plan tamén inclúe na provincia de Lugo un dispositivo de 58 máquinas, entre elas, camións, retros, ademais de cuñas, follas, esparexedores de sal ou estendedores de salmoira.

Estes recursos permitirán a atención e o mantemento dos preto de 1.500 km de estradas autonómicas na provincia para acadar condicións de seguridade viaria, especialmente nas épocas con episodios de climatoloxía adversa. Dentro deses 1.500 km da rede na provincia, prestarase especial atención aos case 400 km que, por altitude, son máis susceptibles de incidencias por acumulación de neve ou placas de xeo.