Activado o Plan de Vialidade Invernal en todas as estradas

1 minutes read
Polígono de Tella, Ponteceso. Foto.- Cedida.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, destacou que a Xunta ten despregados 390 profesionais e dispostas máis de 5.200 toneladas de fundentes para garantir a seguridade nas estradas autonómicas ante a climatoloxía adversa. Fíxoo nunha visita o centro de conservación e explotación das Pontes de García Rodríguez para supervisar o operativo de Plan de Vialidade Invernal nas estradas de titularidade autonómica. No conxunto de Galicia son, en total, 26 os centros operativos e 390 os profesionais que velarán pola seguridade nas estradas de titularidade autonómica con 190 máquinas. Este Plan actívase para estar preparados ante fenómenos como chuvias intensas, neve ou xeadas, característicos desta época do ano, que poden dificultar a circulación nas estradas. Está activado, concretamente, desde o pasado 1 de novembro nas provincias de Lugo e Ourense, e deste este mesmo luns, tamén nas provincias da Coruña e de Pontevedra, manténdose operativo en toda Galicia ata o 30 de abril.