27
Na mañá deste xoves tivo que coordinarse un operativo de emerxencia no que participaron os Bombeiros, Protección Civil e a Policía Local de Carballo. A alerta foi pasada por un particular que informaba ao 112 da saída de fume dun baixo soterrado na confluencia das rúas Alfredo Brañas con Vázquez de Parga. Á chegada dos profesionais antiincendios, procederon á localización do foco de lume, presuntamente provocado por unhas faíscas nunha morea de leña, ventilaron o local e por sorte todo quedou nun susto, dado que no local había abundante material combustible que podería ter avivado o lume.