Coas medidas que supón o estado de alarma, as rutas quedaron totalmente desertas, dende a Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santigo crearon a campaña «Peregrinos, non é o momento», na que informa da obrigatoriedade de aprazar as rutas.
Os albergues públicos pecharon e os privados víronse obrigados a facer o mesmo. A situación sería máis complicada que nun hotel porque os usuarios compartirían habitación, duchas e outras zonas comúns. As reservas fóronse anulando e os peregrinos que estaban en tránsito regresaron aos seus lugares de orixe.
Mentres tanto, a meta de todos os peregrinos continúa baleira e pechada.