Activan protocolos antiexplosións tras o accidente dun coche contra unha gaiola de bombonas en Oleiros

Dada a espectacularidade do sinistro houbo que realizar medicións cun explosímetro e como medida preventiva montouse unha liña de auga de seguridade e colocáronse dous extintores de escuma nos arredores do accidente.

A saída de vía dun vehículo en Perillo alertou na mañá deste domingo aos Bombeiros de Oleiros debido a que o impacto produciuse contra unha gaiola de almacenamento de bombonas de gas butano.

O suceso ocorreu ás 11:53 horas na gasolineira GALP da parroquia oleirense, ata o lugar desprazáronse os bombeiros porque, ademais do perigo de explosión, foron alertados da posibilidade de que houbese persoas atrapadas, aínda que finalmente non foi así.

Related posts

Traballadores de Jevaso, en Arteixo, mobilízanse polo que consideran «un ataque directo aos dereitos do persoal»

O PP define o orzamento da Deputación da Coruña como un «suma e segue» dun proxecto «esgotado» e «sen criterio»

Ferida de gravidade unha muller en Santiago ao caer co seu coche dende unha rotonda á A-54