#ActívateNaCasa, a proposta dixital do Concello de Vimianzo

Cedida.

O Concello de Vimianzo pon en marcha unha programación de cultura e deportes para toda a familia no eixo dixital, denominada #ActívateNaCasa.

A programación deportiva, #ActívateDeportes, trátase dun adestramento virtual con sesións de pilates e aeróbic para manterse activo e en forma desde a casa. Dende este luns 30 emitiranse ás 11:00 e ás 17:00 horas sesións de streaming na páxina de Facebook do Concello de Vimianzo.

A programación cultural, #ActívateCultura, son propostas de creatividade, lectura e lecer cultural para toda a familia. Todos os días subirán un post con propostas e recomendacións para ocupar o tempo de lecer con actividades de ocio e contidos formativos. Para contribuír a unha participación virtual queren que lles amosen nas redes eses resultados da súa creatividade.

Outro servizo práctico neste tempo de confinamento é a biblioteca virtual coa plataforma GaliciaLe, e se non tedes carné de biblioteca poderedes autorexistrarvos para acceder ao servizo de préstamo electrónico. Desde o Concello habilitaron unha ligazón na páxina web principal para acceder á biblioteca virtual.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha