Actividade de conciliación familiar en Muxía polo Día das Letras Galegas

Concello de Muxía

  • Dirixida á rapazada que cursa desde 4º de Infantil ata 6º de Primaria, desenvolverase na Camposa en horario de 10.00 a 13.00 horas

O Concello de Muxía, con motivo do Día das Letras Galegas, organiza para o vindeiro martes unha actividade para fomentar a conciliación familiar entre a veciñanza.

Concilia Muxía Letras Galegas vai dirixida á rapazada que cursa desde 4º de Educación Infantil ata 6º de Primaria. Desenvolverase na Sala Multiusos da Camposa en horario de 10.00 a 13.00 horas.

As prazas son limitadas e as persoas interesadas poderán inscribirse ata o vindeiro luns, 16 de maio, no edificio do Centro de Información á Muller ou chamando ao 981 708 595.