Actividades contra a discriminación no IES Eduardo Pondal de Ponteceso

0 minutes read
  • As sesións son impartidas pola Asociación Visibles

A Asociación Visibles, cuxo traballo se centra en impulsar unha sociedade máis libre e igualitaria, desenvolve ‘Mulleres visibles’, un obradoiro dirixido ao estudantado do instituto Eduardo Pondal de Ponteceso no que se traballa a sensibilización e concienciación para eliminar calquera tipo de discriminación.

A primeira sesión desta iniciativa tivo lugar este pasado luns, e continuará o 25 de abril e o 2 de maio.