Actividades de envellecemento activo en Ponteceso

PIXABAY

  • Serán os días 4, 8 e 11 de xuño

As persoas maiores de 60 anos poderán participar no programa Envellecemento Activo que se realizará no concello de Ponteceso os días 4, 8 e 11 de xuño. Haberá varias xornadas, centradas en diferentes exercicios deportivos e tamén actividades de memoria fotográfica e relaxación.

As prazas son limitadas e irán en función da orde de inscrición. Para anotarse hai que chamar ao teléfono 604 081 426.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha