38
Dentro do programa de actividades medioambientais da Bandeira Azul, o Alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, o concelleiro de Medio Ambiente, José Ramón Martínez e a concelleira de Servizos Sociais, Rocío López, fixeron entrega ás nenas e nenos de infantil e primaria da Aula Lúdica municipal da guía explicativa dos Bolechas “Como producir menos lixo”, para ser utilizada nos talleres de sensibilización ambiental que se están levando a cabo. O obxectivo é concienciar ás nenas e nenos sobre a improtancia de reducir o máis posible os residuos e tamén a importancia de facer unha boa seleción para que o seu posterior tratamento e que poidan ser reciclados.